Xogo online para traballar a comprensión das frases feitas. Elixe a opción correcta despois de ler a frase.
viernes, 29 de mayo de 2020
jueves, 28 de mayo de 2020
O RELOXO
Ficha interactiva para traballar as horas. En punto, e media e cuarto e menos cuarto.
Prema na imaxe
miércoles, 27 de mayo de 2020
Pasapalabra 3º
Este xogo está inspirado no concurso de televisión Pasapalabra. Tedes unha opción correcta e outra incorrecta para cada palabra. O xogo ten preguntas de diferentes materias: naturais, sociais, matemáticas, lingua, inglés e plástica. Espero que vos guste!
AGORA CAIO! TÁBOAS DE MULTIPLICAR
Neste xogo tedes unha multiplicación e tres respostas posibles. Dúas incorrectas e unha correcta. Se elixedes ben pasades á seguinte multiplicación, se elixedes mal a persoa cae para abaixo. A xogar!
martes, 26 de mayo de 2020
A RULETA DE LINGUA
Este xogo está inspirado no famoso concurso de televisión A RULETA DA SORTE. Hai que pulsar na man para que a ruleta vire. A través deste xogo repásanse os contidos de lingua castelá de 2º, 3º e 4º. A xogar!
lunes, 25 de mayo de 2020
ESCRITURA CREATIVA: INVENTA UN DIÁLOGO
No seguinte exercicio hai que continuar unha serie de diálogos e para facilitar a tarefa acompáñase dunha ilustración que pode ser de axuda.
Prema na imaxe
XOGO ONLINE: CÁLCULO DE PERÍMETROS
Este xogo consiste en asociar o perímetro cos polígonos que se mostran. A asociación realízase mediante unha liña que vai desde o perímetro ata o centro do polígono, onde aparece un punto branco.
Prema na imaxe
domingo, 24 de mayo de 2020
DICTADO VISUAL: SÍLABAS TRABADAS.
Escribe con maiúsculas ou minúsculas as palabras que representan estas imaxes: GRÚA, PLÁTANOS, FLOR, CRAVOS, BICICLETA, CRUZ, MICRÓFONO, FROITA, CANGREXO, CEBRA E CABRA.
Prema na imaxe
viernes, 22 de mayo de 2020
Á ILLA DO TESOURO CO CÁLCULO DE DOBRES
Nesta actividade un barco pirata diríxese á illa do tesouro a por o seu botín, para o que o barco avanzará conforme imos acertando os dobres que nos van ofrecendo.
Prema na imaxe
jueves, 21 de mayo de 2020
TABLERO ESCRITURA CREATIVA
Divertido xogo para exercitar a escritura creativa. Hai que tirar o dado e inventar una frase que conteña as tres palabras representadas polo debuxo, segundo o número que salga no dado.
Prema na imaxe
XOGAMOS COAS RIMAS
Material interactivo para traballar a conciencia fonolóxica con rimas. Toca a ficha que coincida.
miércoles, 20 de mayo de 2020
martes, 19 de mayo de 2020
CANTO DIÑEIRO NECESITO?
Ficha interactiva para traballar as moedas de euros e céntimos. Marca as moedas necesarias.
Prema na imaxe
PIRÁMIDES MATEMÁTICAS
Para resolver as pirámides numéricas o resultado do ladrillo de enriba é a suma dos dous ladrillos sobre os que está apoiado.
Prema na imaxe
lunes, 18 de mayo de 2020
POPI. PARCHÍS ORTOGRÁFICO
Popi é un recurso interactivo para a aprendizaxe da ortografía a través do xogo. Trátase de ver as normas e logo practicalas: maiúsculas, acentos, b/v, ....mesmo xogar ao parchís ortográfico.
XOGO ONLINE PARA O REFORZO DA CONCIENCIA FONOLÓXICA.
Neste xogo online tedes que decidir se a palabra que se asocia ás imaxes presentadas empeza, termina ou contén as letras propostas.
Prema na imaxe
Prema na imaxe
jueves, 14 de mayo de 2020
INFERENCIAS VISUAIS
Actividade online de inferencias visuais. Pulsa a resposta que corresponde co debuxo.
miércoles, 13 de mayo de 2020
SUPER XOGO INTERACTIVVO 50 PREGUNTAS PARA REPASAR AS TÁBOAS DE MULTIPLICAR
Déixovos esta fantástica actividade interactiva con 50 preguntas para repasar todas as táboas de multiplicar.
martes, 12 de mayo de 2020
RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS METAMODELOS TIC
Xogo online de resolución de problemas. Cada imaxe asóciase a unha das catro categorías de problemas que se contemplan; Problemas aritméticos escolares, problemas xeométricos, problemas de razoamento lóxico e problemas de procura exhaustiva e/ou tanteo sistemático. Ademais desde o menú principal, accédese ás guías da aplicación.
Cada imaxe que presenta o texto é un botón que permite acceder ao menú desa categoría onde aparece unha listaxe de botóns cos nomes das aplicacións que contén...
XOGO ONLINE. CAPACIDADE E VOLUMEN
Xogo online para traballar as equivalencias entre as medidas de capacidade e volumen. tanto nun sentido como noutro.
BUSCAMOS ARTISTAS. OS MAIOS
O EDLG do noso cole anímavos a participar nunha exposición coas fotografías do vosos Maios. Tedes que enviarlas ao correo electrónico: ofarodesardoma@gmail.com.
lunes, 11 de mayo de 2020
XOGO ONLINE. PALABRAS ESDRÚXULAS.
Xogo online para repasar a acentuación das palabras esdrúxulas. Para poder xogar fai clic na imaxe e logo dar a iniciar presentación.
Prema na imaxe
XOGO ONLINE. PALABRAS LLANAS.
Xogo online de repaso da acentuación das palabras llanas. Para poder xogar fai clic na imaxe e logo dar a iniciar presentación.
XOGO ONLINE: PALABRAS AGUDAS
Xogo online de repaso da acentuación das palabras agudas. Para poder xogar fai clic na imaxe e logo dar a iniciar presentación.
XOGO ONLINE: AS REGRAS DE ACENTUACIÓN
Trátase dun xogo online para repasar as regras de acentuación. O obxectivo é esmagar aos topos que levan un cartel cunha imaxe que teñamos que acentuar. A xogar!
Prema na imaxe
sábado, 9 de mayo de 2020
DISCRIMINACIÓN VISUAL B-D
Exercicio de discriminación visual "b-d". Rodea de vermello a letra "b" e de verde a letra "d".
Prema na imaxe
ORDENA A FRASE. NIVEL 1
Material interactivo para traballar a ordenación correcta das palabras escritas que compoñen unha frase. Pulsa en "Terminado" cando finalices para corrixila.
Prema na imaxe
ORDENA A FRASE. NIVEL 2
Material interactivo para traballar a ordenación correcta das palabras escritas que compoñen unha frase. Pulsa en "Terminado" cando finalices para corrixila.
Prema na imaxe
FICHA INTERACTIVA TRABADAS
Material interactivo para traballar as sílabas trabadas. Pulsa a sílaba que contén o nome de cada debuxo. Cando finalices fai clic en "Terminado".
Prema na imaxe
viernes, 8 de mayo de 2020
PROBLEMAS INTERACTIVOS 5º PRIMARIA
Recompilación de problemas online para 5º de primaria. Primeiro prema na imaxe e logo fai clic en cada número da táboa para acceder a eles.
Prema na imaxe
ÁREA E PERÍMETRO. XOGO MATEMÁTICO
Compártovos un fantástico xogo publicado en Aula PT para visualizar rápidamente a diferenza entre área e perímetro. Trátase dun xogo de construción con dúas opcións: CONSTRUCIÓN - EXPLORACIÓN.
Prema na imaxe
jueves, 7 de mayo de 2020
PROBLEMAS INTERACTIVOS 6º PRIMARIA
Recompilación de problemas online para 6º de primaria. Primeiro prema na imaxe e logo fai clic en cada número da táboa para acceder a eles.
Prema na imaxe
Prema na imaxe
PROBLEMAS INTERACTIVOS 2º PRIMARIA
Recompilación de problemas online para 2º de primaria. Primeiro prema na imaxe e logo fai clic en cada número da táboa para acceder a eles.
DE QUE SE TRATA?
Imos traballar a comprensión lectora cunhas fichas interactivas. Pulsar a opción correcta e logo en "Terminado". Aparecerá a corrección!
Prema na imaxe
miércoles, 6 de mayo de 2020
MULTIPLICACIÓNS INTERACTIVAS
Aquí tedes exercicios para repasar as multiplicacións. Cando finalices fai clic en "Terminado" e aparecerá a corrección.
MONTA O QUEBRACABEZAS
Prema na imaxe e poderás acceder a ficha interactiva para montar o quebracabezas. Cando finalices fai clic en "Terminado" e aparecerá a corrección.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)