Nesta actividade un barco pirata diríxese á illa do tesouro a por o seu botín, para o que o barco avanzará conforme imos acertando os dobres que nos van ofrecendo.
Neste xogo traballamos as moedas de euro, dos euros, 5 euros, 10 euros e 50 céntimos. Elixide roupa e complementos para a nena e despois pagar os produtos comprados.
Neste recuncho de internet "El rincón de Luca" tedes moitísimas actividades para repasar as matemáticas ABN. Aquí déixovos unha ligazón para practicar as sumas ABN.
Material manipulativo para afianzar as táboas de multiplicar. Podedes imprimir as tarxetas que aparecen na foto e buscar pinzas da roupa que teñades na vosa casa. A xogar!