martes, 5 de mayo de 2020

A TÁBOA DO 100 INTERACTIVA

Completa cos números que aparecen debaixo da táboa. Esta actividade online é autocorrixible.

Prema na imaxe

A OCA ORTOGRÁFICA

Aquí déixovos a oca ortográfica para traballar a ortografía de maneira lúdica e divertida.

                                                                               Prema na imaxe

SEGMENTACIÓN DE FRASES

Propóñovos un xogo moi sinxelo para traballar a segmentación de frases (artigo + nome). Primeiro observades a lámina e logo colocades unha tarxeta no rectángulo gris. Contamos os círculos que vemos. Cada frase terá igual número de palabras que de círculos. Separamos as palabras e escribímolas debaixo.

                                                                           Prema na imaxe

CALENDARIO DE RETOS DAS LETRAS GALEGAS

Déixovos aquí un calendario interactivo creado polo equipo de dinamización da lingua galega para conmemorar o Día das Letras Galegas. Está publicado no seu blogue "O faro de Sárdoma". Anímovos a descubrir os retos!

                                                                            Prema na imaxe

sábado, 2 de mayo de 2020

CONFUSIÓN Ñ/LL

Xogo online para traballar a confusión ñ/ll. Prema na imaxe e logo fai clic en iniciar presentación para empezar a xogar.

viernes, 1 de mayo de 2020

PROBLEMAS INTERACTIVOS 4º PRIMARIA

Recompilación de problemas online para 4º de primaria. Primeiro prema na imaxe e logo fai clic en cada número da táboa para acceder a eles.

DISCRIMINACIÓN VISUAL B/D, P/Q

Xogo online para traballar a discriminación dos fonemas b/d e p/q. Prema na imaxe e logo fai clic en iniciar presentación para empezar a xogar.